Home

Advertisement

Customize

il dolce far niente - "sempre ao lonxe", mofa e befa (2006)

Dec. 1st, 2006

10:27 pm - "sempre ao lonxe", mofa e befa (2006)

Previous Entry Add to Memories Tell a Friend Next Entry



Un espectáculo divertidísimo parodiando a pesadez da xente que se empeña en dividirnos en razas e amosar que somos diferentes, que non somos iguais. Un conxunto de sketchs, onde participan romenos arousáns (cunha cabra, por suposto), uns moinantes nómadas, un cego e un tolleito que dependen un do outro, e para min o máis divertido: uns flamencos abertzales cantando rumba con letras combativas.
Non só participan Mofa e Befa, senón que levan a un compañeiro tocando a guitarra e acompañando. Perden parte do encanto, pero o seu papel é importante e non desentona en absoluto. A música é moi importante en tódolos actos (prefiro isto a sketch), e os tres participan en maior ou menor medida e con maior ou menor calidade neste concerto.
Encantoume o final. Unha especie de "meta-teatro", falando da obra, onde Víctor Mosquera, facendo de el mesmo, di que prefire o teatro clásico (¡¡Calderón!!) a esta merda que dirixe un tal Francisco Cadaval...
Moi divertida, pero de menos a máis. os primeiros sketchs chegan a ser aburridos, pero o final dos vascos-flamencos e o epílogo foron moi divertidos, cunhas críticas moi constructivas e moi serias que facían escachar ca risa.
O Teatro Principal de Pontevedra estaba cheo, o que me sorprendeu moi gratamente.

Comments:

From:(Anonymous)
Date:December 22nd, 2006 10:35 am (UTC)

tilo

(Link)
Home..ese terceiro en discordia é do millor do espectáculo. É un cemento que une e realsa as interpretacións de mofa e befa. bravo