il dolce far niente - "zardigot", espello cóncavo (Euloxio Ruibal, 1973)
Mar. 31st, 2007
12:37 am - "zardigot", espello cóncavo (Euloxio Ruibal, 1973)
Magnífica representación.
Texto idéntico ó orixinal, respectando algunhas verbas e oracións fermosísimas.
Actores estupendos, sobre todo Sabeliña, Fuco e Estrela.
O escenario era algo complexo, pero perfecto para a obra. Unha especie de anfiteatro cunha praza elevada no medio, que servía tanto para un fogar, como unha trincheira, como un camiño.
O vestiario estaba moi simpático. Sen ser rebuscado, estaba moi logrado.
Ó final en vez de darlle culatazos, fustigan ao pai. Gustoume o de que se levaran a Sabeliña aparte. Mellor non ver certas cousas que poden ser moi duras.

Comments:
|
...e as fotos estupendérrimas que sacaches?
(Reply) (Thread)